Roser Capdevila
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Roser Capdevila i Valls 23 de xaneiro de 1939 (85 anos) Horta, Barcelona, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Massana |
Actividade | |
Ocupación | ilustradora , escritora de literatura infantil |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Participou en | |
2022 | Gargar Festival (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | Manuel Valls (curmán) Josep Maria Capdevila i Balanzó (pt) (avó) Vicente-María Capdevila y Montaner (tío) |
Premios
| |
Páxina web | rosercapdevila.com |
Roser Capdevila i Valls, nada en Horta, Barcelona o 23 de xaneiro de 1939, é unha ilustradora catalá, coñecida por ser a creadora das Tres xemelgas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Interesada no debuxo dende nova, ingresou na Escola Massana de Belas Artes de Barcelona. No ano 1999, foi galardoada co Premio Nacional de Cinema e de Audiovisual, concretamente no apartado de Audiovisual, e no 2004 coa Creu de Sant Jordi, ámbolos dous concedidos pola Generalitat de Cataluña.
En 2011, doou o seu legado, composto por máis de 3.000 debuxos, litografías, gravados e contos, á Biblioteca de Cataluña.[1]
Obra artística[editar | editar a fonte]
Colaboradora durante a década de 1970 da edición francesa da revista infantil Cuca Fera, no ano 1979 foi finalista do Premio Apel·les Mestres de literatura infantil e xuvenil ilustrada polo seu conto La cosidora.
Na década de 1980 comezou a ilustrar libros de texto para nenos cos seus debuxos, caracterizados por un estilo sinxelo, mais cunha caricatura fresca e dinámica.
No ano 1983, inspirándose nas súas tres fillas Teresa, Anna e Helena, creou as personaxes de As tres xemelgas, a serie de libros que foron traducidos a 35 linguas e cuxo éxito motivou a creación dunha serie de televisión que se emitiu en 158 países.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roser Capdevila |